O Concello de Vimianzo incorpora catro peóns especialistas ao abeiro das axudas PEL 2026

O Concello de Vimianzo vén de incorporar á súa plantilla catro peóns especialistas grazas ás axudas do programa PEL 2026 da Deputación da Coruña.

O investimento total desta actuación ascende a 63.262,99 euros, dos cales 37.000 euros son achegados pola Deputación da Coruña e 26.262,99 euros corresponden á aportación municipal.

O novo equipo iniciou o seu traballo hoxe e permanecerá operativo ata o vindeiro 5 de decembro, desenvolvendo tarefas vencelladas á limpeza, mantemento e conservación en distintos puntos do municipio.

Desde o Concello sinalan que esta incorporación permitirá reforzar os servizos municipais, especialmente no ámbito do coidado e mantemento do rural, contribuíndo a mellorar o estado dos espazos públicos e das infraestruturas locais.

Ademais, nas próximas semanas está previsto que o equipo se amplíe con novas contratacións, que serán financiadas integramente con fondos propios do Concello, co obxectivo de seguir fortalecendo os traballos de limpeza, mantemento e atención ao territorio.

Con esta medida, o Concello de Vimianzo reafirma a súa aposta por mellorar os servizos básicos, reforzar os recursos humanos municipais e continuar avanzando no coidado do entorno rural.