O Concello de Zas celebra a chegada do novo forno ao CPI de Zas, unha mellora moi necesaria para o centro.

Dende o goberno municipal queremos felicitar especialmente á ANPA do CPI de Zas polo seu traballo e pola coordinación mantida co Concello, que permitiu 𝐫𝐞𝐬𝐨𝐥𝐯𝐞𝐫 𝐞𝐬𝐭𝐚 𝐢𝐧𝐜𝐢𝐝𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚 𝐩𝐨𝐫 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐞 𝐝𝐞 𝐪𝐮𝐞𝐧 𝐭𝐢𝐧̃𝐚 𝐚 𝐫𝐞𝐬𝐩𝐨𝐧𝐬𝐚𝐛𝐢𝐥𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐝𝐞 𝐟𝐚𝐜𝐞𝐥𝐨: 𝐚 𝐗𝐮𝐧𝐭𝐚 𝐝𝐞 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚.

O alcalde leva tempo realizando xestións diante da Xunta, sempre en contacto e coordinación coas ANPAS e coas direccións dos centros educativos de Zas e Baio, co obxectivo de 𝐦𝐞𝐥𝐥𝐨𝐫𝐚𝐫 𝐚𝐬 𝐢𝐧𝐟𝐫𝐚𝐞𝐬𝐭𝐫𝐮𝐭𝐮𝐫𝐚𝐬 𝐞 𝐬𝐞𝐫𝐯𝐢𝐳𝐨𝐬 𝐞𝐝𝐮𝐜𝐚𝐭𝐢𝐯𝐨𝐬 𝐝𝐨 𝐧𝐨𝐬𝐨 𝐜𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨. Unha labor feita con discreción e responsabilidade, apostando polo diálogo leal e necesario entre administracións.

Iso non significa renunciar á firmeza: cando é preciso presionar, denunciar ou mobilizarse, o goberno municipal será o primeiro en facelo, sempre da man das ANPAS, como representantes das familias.

A educación é unha prioridade e o traballo conxunto da resultados.