O Concello de Zas queixase da falta de investimento autonómico nos seus centros escolares

O Concello de Zas solicitou unha reunión urxente co Conselleiro de Educación, tras coñecer os recentes anuncios de investimentos autonómicos nos que 𝐧𝐨𝐧 𝐟𝐢𝐠𝐮𝐫𝐚 𝐧𝐢𝐧𝐠𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐚𝐜𝐭𝐮𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐞𝐬𝐭𝐞 𝐜𝐞𝐧𝐭𝐫𝐨 𝐞𝐝𝐮𝐜𝐚𝐭𝐢𝐯𝐨, malia os compromisos adquiridos hai preto de dous anos.

Desde hai case dous anos, o goberno municipal, a Anpa Labarta Pose e a dirección do centro veñen traballando de maneira coordinada coa Consellería para impulsar unha reforma integral do colexio, que incluía o cambio da cuberta, melloras no edificio, no comedor e noutras instalacións. Estes compromisos foron trasladados persoalmente ás tres partes e mesmo 𝐭𝐞́𝐜𝐧𝐢𝐜𝐨𝐬 𝐝𝐚 𝐩𝐫𝐨𝐩𝐢𝐚 𝐂𝐨𝐧𝐬𝐞𝐥𝐥𝐞𝐫𝐢́𝐚 𝐯𝐢𝐬𝐢𝐭𝐚𝐫𝐨𝐧 𝐨 𝐜𝐞𝐧𝐭𝐫𝐨 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐩𝐨𝐝𝐞𝐫 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐫𝐚𝐭𝐚𝐫 𝐚𝐬 𝐨𝐛𝐫𝐚𝐬 𝐜𝐨𝐦𝐩𝐫𝐨𝐦𝐞𝐭𝐢𝐝𝐚𝐬.

Durante todo este tempo, o Concello optou pola discreción, confiando na palabra dada e priorizando o resultado final por riba da confrontación pública. Proba diso é que, como parte do acordo, 𝐨 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐚𝐬𝐮𝐦𝐢𝐮 𝐞 𝐞𝐱𝐞𝐜𝐮𝐭𝐨𝐮 𝐚𝐜𝐭𝐮𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 𝐩𝐨𝐥𝐚 𝐬𝐮́𝐚 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐚, como a reparación das baixantes do edificio novo do colexio. Porén, a ausencia do CEIP de Baio nos anuncios de investimento autonómico supón un 𝐢𝐧𝐜𝐮𝐦𝐩𝐫𝐢𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐝𝐨 𝐜𝐨𝐦𝐩𝐫𝐨𝐦𝐢𝐬𝐨 𝐚𝐝𝐪𝐮𝐢𝐫𝐢𝐝𝐨.

A preocupación e o malestar xorden precisamente agora, ao comprobar que aquilo que se daba por resolto 𝐧𝐨𝐧 𝐬𝐞 𝐯𝐞 𝐫𝐞𝐟𝐥𝐞𝐜𝐭𝐢𝐝𝐨 𝐞𝐧 𝐧𝐢𝐧𝐠𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐩𝐥𝐚𝐧𝐢𝐟𝐢𝐜𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐨𝐟𝐢𝐜𝐢𝐚𝐥, o que leva ao Concello, á ANPA e á dirección do centro a reclamar explicacións e a 𝐯𝐚𝐥𝐨𝐫𝐚𝐫 𝐜𝐨𝐧𝐱𝐮𝐧𝐭𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐞 𝐪𝐮𝐞 𝐦𝐞𝐝𝐢𝐝𝐚𝐬 𝐬𝐞 𝐩𝐨𝐝𝐞𝐧 𝐚𝐝𝐨𝐩𝐭𝐚𝐫.