O Concello incorpora no Plan Único obras por valor de 681.000 euros

O goberno local levará este venres, 30 de xaneiro (20:00 horas), a pleno a proposta para a súa aprobación.

1️⃣ No Plan Único 2026 destínanse 481.000 euros a gasto corrente e á humanización da rúa Médico Tomás Artaz con Alcalde Noguera Patiño.

2️⃣ No Plan Complementario incluíronse oito proxectos que suman 518.588 euros:

👉 Plan Milleira (fase 2 e 3).

👉 Substitución e mellora das características térmicas das carpinterías exteriores da Casa do Mar de Camelle.

👉 Acondicionamento dunha estancia para actividades culturais na Casa do Mar de Camelle.

👉 Fase 1 e a 2 da reparación do pavimento e ampliación do ancho na pista a Mourín.

👉 Reparación do pavimento na pista da Grixa.

👉 Reparación do pavimento na Rucheira.