O Concello solicita á Consellería de Educación que instale unha nova caldeira no CEIP de Ponte do Porto

O Concello solicita á Consellería de Educación que instale unha nova caldeira no CEIP de Ponte do Porto.

A alcaldesa enviou un escrito á administración autonómica tras recibir un informe técnico que certifica que a mesma non pode ser reparada.

Desde o goberno local considérase urxente a súa substitución xa que afecta directamente ao benestar e confort do alumnado, así como do persoal do centro.