
O Coristanqués Álvaro Lavandeira Amado foi un dos grandes protagonistas do Campionato de España de Inverno Open de Salvamento e Socorrismo, acadando dous importantes éxitos nacionais nunha competición de máximo nivel celebrada en Ourense.
Campión de España
na proba de 200 metros supersocorrista
Subcampión de España
na proba de 200 metros natación con obstáculos
Un éxito que confirma o seu enorme nivel deportivo e o traballo constante que hai detrás de cada proba, representando con orgullo ao Club Salvamento e Socorrismo Carballo SYSCA e levando o nome da nosa terra ao máis alto do panorama nacional.