
O Dépor confiouse e acabou caendo por 1-3 en Riazor fronte ao Castellón, nun partido que volveu poñer en evidencia un problema recorrente: a falta de eficacia e autoridade contra os grandes da Segunda División. Este tropiezo, sumado aos resultados recentes ante Racing de Santander e Málaga, así como aos empates contra Almería e Valladolid, confirma que ao equipo coruñés cústalle dar a talla nos encontros de máximo nivel.
Cada vez que medra a ilusión, esvaécese polo seu propio peso. O Dépor non amosa, a día de hoxe, a solidez necesaria para competir cos candidatos ao ascenso, e as dúbidas sobre a dirección técnica volven tomar forza. Materia prima hai: o cadro conta cun plantel de calidade e só podería botarse en falta un dianteiro máis determinante. Porén, os equipos verdadeiramente fortes —e os adestradores que marcan diferenzas— demóstranse nos partidos grandes, precisamente aqueles nos que o Deportivo adoita sufrir e deixarse puntos valiosos.