O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou hoxe o concello de Ponteceso

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou hoxe o concello de Ponteceso para manter unha reunión co alcalde, José Manuel Mato, que estivo acompañada da concelleira de Servizos Sociais, Marisé Álvarez.

No encontro abordaron temas de actualidade, como a subvención recentemente concedida para a Casa do Maior da Campara, e trataron proxectos de futuro de cara ao 2026