O Ecomuseo Forno do Forte programa visitas teatralizadas durante o verán en Malpica

O Concello de Malpica, en colaboración coa Deputación da Coruña, organiza un novo ciclo de visitas teatralizadas no Ecomuseo Forno do Forte baixo o título Onde nace o fume. A actividade, pensada para todos os públicos, é de balde e non require inscrición previa.

As representacións terán lugar os sábados 12 e 26 de xullo, e os días 9 e 30 de agosto, sempre ás 12:00 horas.

Sinopse:

Anos corenta. Dous irmáns e quinta xeración de oleiros. O día antes da que cren que vai a ser a súa última fornada, nacerá unha reflexión sobre o oficio como xeito de vida. É así como comeza a peza teatral “Onde nace o fume” unha visita teatralizada de Alalá teatro, no Ecomuseo Forno do Forte de Buño, da man dos actores Yago Espasandín e Raquel Crespo, e con dramaturxia de Susana Crespo.

O Ecomuseo, situado en Buño, é un dos puntos de interese etnográfico de Malpica