O FIOT repite un ano máis entre os mellores proxectos culturais de Galicia no Observatorio da Cultura de 2025

Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) foi distinguido una ano máis polo prestixioso Observatorio de la Cultura da Fundación Contemporánea como o terceiro mellor proxecto cultural galego de 2025, posto que comparte co Festival Sinsal, o Centro Dramático Galego polo espectáculo A serie clopen e a Bienal de Pontevedra. Deste xeito, o encontro carballés sitúase como o festival de artes escénicas máis valorado da comunidade galega en 2025.

O Observatorio de la Cultura elabora desde hai máis dunha década unha serie de clasificacións e indicadores relativos á actividade cultural das diferentes comunidades autónomas, seleccionando e poñendo en valor as institucións e os acontecementos culturais máis destacados do ano. En 2022, o FIOT foi recoñecido neste mesmo Observatorio de la Cultura como o mellor da cultura galega e, polo tanto, Insignia Cultural de Galicia, mentres que en 2024 acadou a cuarta posición.

O mellor de 2025

A Fundación Contemporánea presentou no Palacio de Festivales de Cantabria o informe “Lo Mejor de la Cultura 2025”, elaborado co apoio de CREA SGR. Desde 2009, o informe ofrece unha radiografía anual do estado da cultura en España, e por comunidades, e reúne máis de 500 propostas culturais —museos, centros de arte, teatros, festivais, feiras, bibliotecas, proxectos dixitais e rurais—. En 2025, o estudo foi elaborado a partir da valoración de 443 profesionais do sector e mantén a Galicia como a sexta comunidade pola calidade e innovación da súa oferta, e superando por primeira vez o 20% dos votos.

A 34 edición, unha das máis participativas do FIOT

O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, celebrou a súa 34ª edición cun dos mellores balances da súa historia, tanto en asistencia de público como en valoración artística e social. O evento, avalado nos últimos anos como un dos grandes referentes das artes escénicas de Galicia e de España, contou cunha participación de preto de 15.000 persoas entre espectáculos e actividades paralelas, con máis de 7.000 espectadores nas súas representacións teatrais. A acollida foi masiva en toda a programación, con máis do 90% de ocupación media nos espectáculos con aforo e venda íntegra de bonos. Cabe destacar o fito do 100% de ocupación do Programa de Sala acadado por primeira vez na historia do FIOT.

Estrea de Territorio Regueifa

O vindeiro 6 de febreiro, no Pazo da Cultura, terá lugar estrea absoluta do espectáculo Territorio Regueifa, que tivera que ser cancelada o pasado mes de outubro, durante o desenvolvemento do FIOT, por unha baixa médica dun dos intérpretes. A peza é unha coprodución do FIOT xunto a Ainé Producións e o Centro Dramático Galego, dirixida por José L. Prieto e protagonizada por Manolo Maseda, Lupe Blanco e Josinho da Teixeira. As entradas para a función están á venda en Ataquillahttps://i.gal/entradas-territorioregueifa-fiot