O inicio das obras de renovación da cuberta aprázase ata o mes de marzo

O inicio das obras de renovación da cuberta aprázase ata o mes de marzo. Así foi acordado entre o Concello, a dirección de obra e a empresa adxudicatoria da execución dos traballos debido a que o subministro de material non será posible ata o outono, e non é recomendable realizar actuacións desas características durante esa época nin tampouco no inverno.

Mentres tanto, a piscina seguirá aberta ao público con normalidade. O peche temporal iniciarase cando comecen as obras, informándose das datas exactas con antelación para minimizar as molestias aos usuarios.

O Concello investirá 215.000 euros con fondos propios neste proxecto dirixidas a mellorar a impermeabilización e a eficiencia enerxética das instalación.