O Larachés Iker Aldao subcampión da Copa VF90

Iker Aldao, subcampión da Copa VF90

Hoxe é día de celebración na Laracha, pois o novo talento local Iker Aldao vén de acadar un importante logro no mundo do motociclismo. O mozo piloto proclamouse subcampión da Copa VF90, unha das competicións galegas máis prestixiosas nas categorías de iniciación, que reúne nenos e nenas de entre 6 e 14 anos.

Con grande esforzo, ilusión e moitas horas de adestramento, Iker destacou ao longo de toda a tempada, demostrando unha gran madurez e control sobre a moto. Este resultado consolídao como unha das promesas máis firmes do motociclismo galego, deixando o nome da Laracha en moi boa posición.

Familiares, amigos e veciños xa lle trasladaron os seus parabéns, orgullosos do seu desempeño e do futuro que lle agarda neste deporte tan esixente.