
O luns 15 de setembro comezará o prazo para facer o pago dos recibos correspondentes aos impostos sobre bens inmobles (IBI) e actividades económicas (IAE), así coma ás taxas de lixo comercial e venda ambulante. Como é habitual, nos vindeiros días chegarán aos fogares carballeses as cartas informativas. O período voluntario estará aberto ata o 20 de novembro.
Os/as contribuíntes que non teñan domiciliados os recibos recibirán a carta de pagamento por correo postal e poderán realizar o pago no banco ou na pasarela de pagos de carballo.gal
Os recibos domiciliados pasaranse ao cobro a partires do 6 de outubro
+ info
Oficina de recadación municipal (mercado municipal)
881 985 430
recadacion@carballo.gal