
O gran mago Marcos Waldemar fai unha parada en Cee, co seu espectáculo “Inherente”. Este show non é un show calquera, senón unha sucesión de trucos asombrosos nunha viaxe narrativa, na que cada xogo forma parte dunha historia maior.
Mesturando ilusionismo, teatro e comedia, Waldemar emprende xira polo norte de España despois de triunfar en EEUU e do seu paso polo programa “Got Talent”.
Sábado 6 de decembro,
ás 20:00 horas.
Auditorio Baldomero Cores.
Entradas á venta con desconto en entradium.com
Na taquilla unha hora antes da función.