
Obra situada na estrada do centro médico a cámara agraria
⚠️ Veciños e veciñas de Santa Comba:
Nestes días estase a realizar unha obra que favorece a unha única propiedade particular coa participación de traballadores e medios do Concello, sen proxecto público nin permiso coñecido.
Resulta inaceptable que se empregue o diñeiro de todos os veciños e veciñas para actuacións que non teñen interese xeral, beneficiando só a unha persoa concreta.
Mentres tanto, outras necesidades municipais seguen sen atenderse.
Ademais, sorprende a falta de transparencia: esta obra non se publicou nas redes oficiais do Concello, cando normalmente calquera mínima actuación se difunde con fotos e anuncios. Neste caso, prefiren ocultalo, o que fai pensar que saben perfectamente que non é unha actuación correcta.
Tamén é preocupante a falta de seguridade na obra, realizando uns 200 metros de zanja profunda aberta e sen as medidas mínimas de protección.
👉 Os veciños de Santa Comba merecemos claridade, responsabilidade e un uso honesto dos recursos públicos. O Concello debe explicar quen autorizou esta actuación, con que fondos se está pagando e por que se está facendo nun terreo privado.
Santa Comba non merece este tipo de prácticas.





