O paseo marítimo de Caión obtén por 13º ano consecutivo o distintivo de Sendeiro Azul

O paseo marítimo de Caión obtén por 13º ano consecutivo este galardón da Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor.

👥 O alcalde, José Manuel López Varela, representou ao Concello da Laracha no acto de entrega das bandeiras celebrado esta mañá na localidade valenciana de Cullera.

✅ Este é o recoñecemento de Adeac ao itinerario peonil de 1,5 km entre a praza Eduardo Vila Fano e o arroio Figueirido como valioso recurso para a interpretación ambiental, o desfrute da natureza e a realización de actividade física e de ocio ao aire libre.