O pleno de Ponteceso aprobou reducir a súa débeda bancaria a cero

O pleno de Ponteceso aprobou reducir a súa débeda bancaria a cero despois de moitos anos.

O executivo local pon fin a unha débeda que no seu peor momento alcanzou os 1,6 millóns de euros, mediante unha «xestión cauta, responsable, eficiente e con sentidiño» dos recursos públicos, explicou o alcalde, José Manuel Mato.

Ábrese así unha nova etapa no Concello, pois o diñeiro que ata o momento se dirixía ao pagamento dos créditos, agora poderá destinarse a novos proxectos e servizos para a cidadanía.

Asimemso, o pleno aprobou inversións superiores aos 319.000 euros para a mellora de camiños, parques infantís e redes de abastecemento.