O PP de Santa Comba dalle un Baño de realidade o alcalde Populista e Verborreico de Santa Comba

O último pleno municipal de Santa Comba converteuse nun monólogo do alcalde, cargado de populismo e verborrea, que se prolongou durante preto dunha hora. Lonxe dun debate serio e construtivo, o alcalde centrou a súa intervención en autocomplacerse, utilizando expresións grandilocuentes como “isto non se fixo en 500 anos”, mentres desviaba a atención cara a medios dixitais, perfís falsos e supostas campañas na súa contra

Resulta especialmente rechamante que, mentres denuncia a existencia de perfís falsos, ignore que moitos deles actúan desde a súa propia contorna política, dedicándose a ameazar, amedrentar e insultar a quen non comparten a súa forma de pensar. Este clima de intimidación constante lembra máis a prácticas de control e sinalización que a un exercicio democrático san.

Durante o pleno tamén foi evidente o excesivo colegueo entre o alcalde e o Secretario Accidental, con xestos, risas e espaventos, mesmo nos escasos minutos nos que puido intervir a portavoz da oposición. Unha actitude pouco respectuosa que deixa en dúbida a neutralidade e o respecto institucional que debería presidir estas sesións.

O alcalde comparou reiteradamente a Santa Comba con outros concellos para xustificar o nivel de gasto corrente, pero omitiu deliberadamente un dato crave: non explicou se esas alcaldías están endebedadas, intervidas por Facenda ou sometidas a plans de axuste, como ocorre neste municipio.

Así mesmo, interrompeu en varias ocasións e faltou á verdade ao atribuír a débeda municipal a María Pouse, cando é público e coñecido que dita débeda provén de etapas moi anteriores. Manipular a orixe da débeda non a fai desaparecer, pero si degrada o debate político.

Os datos son claros:

  • Do POS 2026, un total de 1.200.000 €,
  • O 40 % (481.000 €) destinase a gasto corrente,
  • E o 60 % (719.000 €) a obras.

Todo iso nun concello cunha débeda asfixiante e con soldos desproporcionados entre os distintos integrantes do goberno municipal socialista, unha realidade que o alcalde evita abordar coa mesma vehemencia coa que se dedica a atacar á oposición.