«O proceso» de Malasombra Producións de estrea en Zas

O proceso» de Malasombra Producións, unha obra baseada en feitos históricos reais que mestura humor, reflexión e compromiso cultural.

📜 Ambientada no ano 1880, a peza recrea o proceso xudicial contra Curros Enríquez tras a publicación de Aires da miña terra, abordando con frescura e rigor cuestións tan actuais como o lawfare, a lingua, a cultura e a identidade.

🎭 Unha obra de Cándido Pazó, protagonizada por personaxes populares do Ourense de finais do século XIX, que combina o ton de sainete cómico cun fondo de reflexión plenamente vixente.

📍 Auditorio de Zas

📅 10 de xaneiro de 2026

🕣 20:30 h

🎟️ Entrada gratuíta

🔞 Idade mínima: 16 anos