O PSDEG DE MALPICA REUNIRASE COA VECIÑANZA DAS PARROQUIAS PARA «LEVAR AS SÚAS DEMANDAS AO PLENO» 

Walter Pardo anuncia xuntanzas en todas as parroquias do municipio: «Somos testemuñas de que hai moito descontento entre a veciñanza polo estado do noso concello» 

Malpica de Bergantiños, 24 de novembro de 2025. O PSdeG-PSOE de Malpica de Bergantiños anuncia que manterá reunións coa veciñanza de todas as parroquias do municipio co obxectivo de «levar as súas demandas ao pleno». 

Sinalouno así o voceiro socialista local, Walter Pardo, que denunciou que «os servicios do Concello sofren un abandono case total, e iso repercute nas vidas dos veciños e veciñas». As xuntanzas terán lugar a partir do mes de xaneiro de 2026. 

«Queremos que a veciñanza, tanto do núcleo urbano como das parroquias, nos traslade as súas necesidades, demandas e inquedanzas, xa que o alcalde non se está encargando delas», afirma o voceiro socialista. 

Os encontros terán lugar nos diferentes locais sociais das diferentes parroquias. A hora e a ubicación de cada unha serán anunciadas próximamente pola Agrupación Socialista Local.