O que non te contan de Santa Comba

Estado actual das contas municipais a 10.10.2025:

A intervención das contas municipais por parte do Ministerio de Facenda durante o período do 30 de xuño ao 31 de decembro de 2024, que ademais asumiu directamente o pago das facturas baixo os seus criterios de prioridade, reduciu a débeda municipal desde os 2.649.736,26€ ata os 763.215,92€, mentres que o período medio de pago a provedores pasou dos 234,83 días ata os 71,87 días.

Tan só tivo que pasar un trimestre, o primeiro de 2025 (Xaneiro, febreiro e marzo) para que Alberto Romar aumentase novamente a débeda noutros en 294.777,10 € ata alcanzar o 1.057.993,00 € un cifra que seguiu en aumento durante o segundo trimestre (abril, maio, xuño) do ano 2025, ata alcanzar o 1.206.875,60€.

Por tanto, Alberto Romar nos seis primeiros meses do ano 2025 aumentou a débeda municipal en 443,659,68€. En canto ao período medio de pago a provedores, que como se indicou, o Ministerio de Facenda rebaixáraos desde os 234,83 días ata os 71,87 días, Alberto Romar volveu aumentar ata os 83,94 días, case tres meses.

A todo iso hai que sumarlle o crédito bancario xerado para o abono da débeda por parte do Ministerio de Facenda que alcanzou os 900.000€ a devolver en 15 anos, por tanto estenderase ata o ano 2040. Isto supón un custo bancario mensual de 5.000 € (60.000€ ao ano) e a imposición ministerial dunha subida xeneraliza de impostos municipais como IBI, lixos ou servizos de deterioración cognitiva que se deberán implantar xa en 2026.

O seu sumamos o que se lle debe a provedores (1.206.875,60€) máis a parte pendente de devolución da débeda bancaria (870.000€) a débeda municipais con Alberto Romar ao 31 de marzo de 2025 alcanza os 2.076.875,60€. A débeda municipal total nestes momentos é a máis alta da democracia desde que hai datos, a débeda con provedores é a máis alta dos últimos 15 anos e nunca antes un provedor municipal tardou tanto en cobrar as súas facturas como o fai con Alberto Romar.

A este respecto as cifras dos anteriores alcaldes son as seguintes: María Pose deixou o concello en xuño de 2023 cunha débeda de 388.788,41€ e un período medio de pago a provedores de 33,11 días e con records de pago de 11,43 días a 31.12.2021.

David Barbeira deixou o concello en xuño de 2021 cunha débeda de 193.628,22€ e 26,64 días de período medio de pago de facturas. Antonio Landeira deixou unha débeda que a 30.09.2014 alcanzaba os 524.789,86 € e un período medio de pago de 43,54 días. José Antonio Ucha deixou o concello en xuño de 2016 con 243.682,72€ de débeda e 40 días de media de pago de facturas, establecendo tamén records medios de pago que chegaron a alcanzar os 13,18 días.

Indicar así mesmo que en xuño de 2016, José Antonio Ucha liquidou 229.000€ que aínda quedaban de débeda bancaria herdada do período de Pepe Toja e os alcaldes posteriores (María Pose, David Barbeira e novamente María Pose) xestionaron o concello coa débeda bancaria a cero, igualmente que Alberto Romar que só un ano despois da súa chegada á alcaldía xeraba unha débeda bancaria de 900.000 euros para os próximos 15 anos.

Nunca o concello coñeceu unha débeda bancaria, tan alta, tan desproporcionada e tan fóra de control, a pesar da intervención do Ministerio de Facenda como a que ten agora Santa Comba con Alberto Romar. Ata a chegada de Alberto Romar á alcaldía de Santa Comba a débeda bancaria máis alta da historia municipal do concello de Santa Comba alcanzara os 1.7 millóns de euros na época de Toja, sendo xerada ao longo de catro lexislaturas (16 anos), cando a de Alberto Romar foi xerada durante soamente dous anos e a maior parte é directa con provedores en facturas sen pagar.

Fuentes informativas: Datos abertos oficiais de transparencia pública procedentes da Central Nacional de Información Económico-Financeira das Administracións Públicas dependente do Ministerio de Facenda e Función Pública – Vicepresidencia Primeira do Goberno. A Central Nacional de Información Económico-Financeira das Administracións Públicas foi creada por medio dos Reais Decretos 635/2014 e 636/2014, do 25 de xullo de 2014 para o control das contas de todas as administracións públicas do pais que teñen a obrigación de achegar trimestralmente os seus datos de xestión económica en base aos parámetros indicados polo Ministerio de Facenda.

Caos xeral no Concello

Xa non e soamente económico o problema do Concello e tamén de actitudes caciquís cos propios empregados publicos, Ameazas a traballadores do concello, un de protección civil, os sindicatos , persoal do SAF, e o último foi sacar a un brigada da cuadrilla de incendios con turno nun sábado e mandalo a traballar a sua empresa EL JUGUETÓN.

Seguiremos falando no próximo capitulo da subida do IBI .