
O Salvamento Acuático Laracha – SAL volveuse mostrar como un dos clubs de referencia no ámbito autonómico no Campionato Galego de Distancias Curtas celebrado en Carballo.
Destacan os tres ouros de Pedro Caamaño en categoría xuvenil, dous de Noelia Loureiro en absoluta e un da júnior Lucía Añón. Tamén se subiron ao podio en probas individuais Iria Barreiro e Shaila Rodríguez. E outros deportistas como Pablo Amado, Borja Diez, Luis Negreira, Gabriela Paulos, Paula Vilar, Sofía Mata, Uxue Casal, Lía Parga, Ángela García e Ainara Naveira axudaron ao club a alcanzar o 3º posto na clasificación xeral.
O voso esforzo, constancia e traballo fixeron posible uns resultados que nos volven encher de orgullo.
![]()
Parabéns a todo o club, deportistas e adestradores por levar o nome da Laracha tan alto no salvamento e socorrismo galego e estatal.