O servizo de socorrismo comezou a funcionar xa nas tres praias con bandeira azul do Concello de Ponteceso.

Balarés, A Ermida e O Osmo. Nestes areais, estará dispoñible todos os días, de 12.00 a 20.00 horas.

Este tamén estará en 🏖️ Niñóns durante as fines de semana en horario de tarde.

👉🏼 O Concello colocará, ademais, servizos en todos os areais e disporá unha nova zona de sombra en Niñóns para facilitar o acceso a estadía das persoas con discapacidade.

🗣️ O obxectivo, como explica o alcalde, José Manuel Mato, «é seguir potenciando e mellorando as prestacións das praias como un dos principais recursos turísticos do municipio».