
Este domingo 29 de marzo ás 18:00 horas, poderemos gozar da obra “A de Moncho”, interpretada polo Grupo de teatro «Os Seixos», unha comedia pensada para todos os públicos cunha duración aproximada de 60 minutos.
Nesta divertida peza, a escena trasládanos a un dos espazos máis característicos da nosa vida social: a taberna. Un lugar de encontro onde sempre aparecen personaxes que todos recoñecemos: quen nunca solta o xornal, quen sempre anda con présa, quen opina de todo… A obra converte estas situacións cotiás nunha parodia chea de humor, levando ao extremo esas escenas que forman parte da nosa vida diaria.
Unha oportunidade perfecta para compartir unha tarde de teatro, rir en comunidade e desfrutar do talento do teatro afeccionado.