
O Concello de Corcubión informa que, debido ao forte temporal rexistrado durante a pasada madrugada, o firme do paseo marítimo presenta importantes danos, especialmente na contorna da Viña en dirección á Dársena.
Desde Protección Civil e o Concello, pídese á veciñanza e ás persoas visitantes que circulen coa máxima precaución por esta zona, xa que o mal estado do pavimento pode supoñer un risco para a seguridade peonil.
Procederase de urxencia a acometer os traballos de reparación dos desperfectos causados polo temporal, co obxectivo de restablecer canto antes as condicións de seguranza no paseo.
O Concello informa que está rematando o proceso de solicitude dunha subvención á Deputación da Coruña que permitirá mellorar o firme do paseo desde A Viña até a Praia de Quenxe.


