
O tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, e o edil Pablo Cambón representaron ao Concello da Laracha na celebración do 35 aniversario de COGAMI que se realizou na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
Nas imaxes, co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, o vicepresidente de Cogami, Ramón Sestayo, e a concelleira de Arteixo, Inés Ramos.
O centro especial de emprego Cogami é o encargado dos servizos de recollida de lixo e xestión do punto limpo no concello da Laracha.
Parabéns e grazas por estes 35 anos traballando pola inclusión e os dereitos das persoas con discapacidade!
