O Trail da Filloa volve romper récords en Zas

Un ano máis, o Trail da Filloa Zas- AD Monte Brondo consolídase como unha das citas deportivas máis destacadas do noso concello e da comarca, atraendo cada edición a centos de participantes.

Neste 2026, os datos falan por si sós:

📢 faltan 8 días para o peche de inscricións e xa se superaron as 1.000 persoas inscritas.

Dende o Concello de Zas queren agradecer o traballo de todas as persoas implicadas neste evento, así como a resposta do público, que fai posible o éxito deste evento ano tras ano.

✅ Neste momento, as andainas e o Trailiño xa teñen as prazas esgotadas, pero aínda quedan dispoñibles inscricións para:

➡️ Trail longo (24 km)

➡️ Trail curto (18 km)