
O outono é tempo de Magosto e Teatro, lembra que para o próximo sábado, día 15, celebramos o MAGOSTO en Buño (ver programa Magosto), e para o sábado seguinte temos TEATRO…
A compañía Grupo Sen Tempo Teatro, estivo o pasado mes de abril en Buño coa función “A voltas co morto”; colleitaron tal éxito que quedamos con gañas de máis. É así que os convidamos agora a presentar “O Home do Sofá”, nunha sesión de tarde que promete ser do máis divertida. Agradecemos dobremente a Sen Tempo Teatro pois voltan por segunda vez de xeito totalmente altruísta. Entrada libre con aforo limitado o sábado 22 no CAT de Buño.
DATOS DO EVENTO:
Evento: Obra teatral “O Home do Sofá”.
Compañía: Grupo Sen Tempo Teatro, da Escola municipal de Teatro de Zas.
Sinopse: Mentres Camila e Eduardo brindan polo seu inminente compromiso, un suceso vai cambiar os acontecementos. A familia, consternadísima, decide que o mellor é chamar un xuíz. A partir de aquí unha serie de persoaxes variopintas aparecerán envoltas nunha trama disparatada.
Dirixe: Pablo Soto, “Pibe”
Data e Hora: 22/11/2025 ás 18:00 h.
Lugar: CAT (Centro de Artesanía e Tradición) de Buño.
Xénero: comedia (tres actos).
Duración: 90 minutos.
Dirixida a: maiores de 12 anos.
Prezo: de balde, acceso libre ata completar aforo