
Luz e maxia no Quinteiro dá inicio ao Nadal en Buño
A chegada do Nadal sempre trae ilusión aos máis pequenos, e este ano a Asociación de Buño quere celebralo cunha xornada chea de encanto, creada para gozar en familia e en comunidade. O próximo sábado 6 de decembro, a Praza de Santa Xusta e a Praza de Buño converteranse no epicentro da festa coa actividade “Luz e maxia no Quinteiro”, unha proposta pensada para dar a benvida oficial ás festas.
Desde as 16:00 ata as 19:00 horas, nenos, nenas e acompañantes poderán participar nun obradoiro de adornos de Nadal, no que se elaborarán pezas artesanais que pasarán a decorar a gran árbore de Nadal de Buño. Ás 18:00 h. terá lugar a colocación dos adornos, tanto os feitos no propio taller como os que leven os veciños e veciñas da casa, abrindo así a participación a toda a comunidade.
O momento máis esperado chegará ás 18:30 h., cando se realizará o acendido oficial das luces de Nadal, un acto especial pensado para envolver a todos na maxia destas datas. A xornada estará ademais acompañada por panxoliñas e música tradicional, e non faltará o xa clásico chocolate quente para todos os asistentes. En caso de choiva, o evento contará con haimas para garantir o confort e o bo ambiente.
A asociación tamén porá á venda a súa Lotaría de Nadal, dispoñible durante todo o acto.
Unha tarde perfecta para compartir, crear e celebrar en comunidade. Non faltes! Corre a voz entre amigos e veciños para que ninguén perda este arranque festivo.