
Onte, un grupo de 15 alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO participou nun obradoiro de lettering con brush pen, impartido por Belén L. Méndez (Nacu), calígrafa e deseñadora gráfica.
O lettering é a arte de debuxar letras á man, poñendo o foco no estilo, na creatividade e no resultado final. A diferenza da escritura mecánica, require reflexión, concentración e expresión persoal.
Durante o obradoiro, o alumnado mostrouse moi implicado e participativo, nunha actividade que fomenta a creatividade e o pensamento artístico.
Dende o Concello de Zas agradecemos a boa acollida desta proposta, así como a Biblioteca da Deputación da Coruña pola organización deste tipo de actividades.