OBRAS EN MARCHA: BACHEO DA ESTRADA COLÚNS – A PONTE OLVEIRA

O Concello de Mazaricos segue avanzando nos traballos de mantemento e mellora da rede viaria municipal. Nesta ocasión, estanse a levar a cabo labores de bacheo na estrada local que conecta Colúns coa Ponte Olveira.

Estas actuacións forman parte do plan de recuperación das vías afectadas polos temporais do inverno, que causaron diversos danos en distintos puntos do concello. O obxectivo principal é garantir unha circulación máis segura e cómoda para a veciñanza.

Dende o goberno local destacan que estes traballos continuarán realizándose de maneira progresiva noutras estradas municipais ata completar a posta a punto de toda a rede.