
O Concello de Laxe informa de que a empresa UFD, distribuidora de enerxía eléctrica do grupo Naturgy, vai levar a cabo nas vindeiras datas unha actuación de mellora e modernización da rede eléctrica no noso municipio.
Inicio dos traballos
Van comezar dúas cuadrillas de traballo:
Unha no cruce de Santa Rosa
Outra na rúa Campo
Eliminación da liña aérea en Santa Rosa
Unha das actuacións máis destacadas será a retirada da liña aérea de media tensión no entorno da Capela de Santa Rosa, o que permitirá:
Reducir o impacto visual
Protexer o patrimonio e a paisaxe
Mellorar a integración ambiental da zona
Cortes de rúa e posibles molestias
Durante a execución das obras será necesario realizar:
Cortes puntuais de tráfico
Ocupacións temporais da vía pública
Estas actuacións estarán coordinadas co Concello de Laxe para minimizar as molestias, garantir a seguridade e manter informada á veciñanza en todo momento.