Obras nas Rúas Real e Rúa As Rías en Laxe

O Concello de Laxe informa de que mañá comezan as obras de mellora das redes de saneamento e pluviais na Rúa Real e na Rúa As Rías.

⚠️ Durante toda a duración da obra a estrada permanecerá cortada ao tráfico, polo que se solicita aos veciños e veciñas que empreguen rutas alternativas de acceso.

👉 Dende o Concello rogase máxima precaución na contorna, respectar a sinalización provisional e seguir as indicacións do persoal da obra.

🙏 Dende o Concello son conscientes das molestias que esta actuación poida ocasionar, pero trátase dunha obra necesaria para mellorar as infraestruturas e os servizos do concello