
O xogador de Zas, Jesús Raspall, proclamouse este sábado campión do Campionato Galego Adaptado, disputado en Ares, tras asinar unha actuación brillante e acadando uns resultados excepcionais.
No apartado individual, Jesús Raspall conseguiu facerse co título sen ceder ningún set ao longo da competición, demostrando un gran nivel de xogo, concentración e regularidade.
Ademais, a xornada completouse cun novo éxito no cadro de dobres, onde tamén logrou a vitoria xunto ao seu compañeiro Ismael Pérez.
Con estes resultados, o deportista zasense proclamouse:
🥇 Campión Galego Adaptado Intelectual
🥇 Campión Galego Adaptado Dobres
Dende o Concello de Zas queremos trasladarlle os nosos parabéns por este gran logro, que supón un motivo de orgullo para todo o municipio e un exemplo de esforzo, constancia e superación.