Os Reis Magos o 5 de Xaneiro en Buño

Dende a Asociación de Veciños O Quinteiro de Buño queremos darlles a benvida que se merecen e por iso vos convidamos a participar nun dos días máis máxicos do ano, especialmente para os máis cativos. Non deixemos pasar a oportunidade de despedir xuntos estas festas tan significativas para todos.

PROGRAMA RECEPCIÓN DE REIS MAGOS

– Lugar: Parque Luciano García Alén. Haberá carpa con calefacción, sillas e mesas.

– 16:15 h.: Obradoiro infantil, cartaz de benvida aos Reis Magos.

– 17:00 h.: Buño cántalle aos Reis, co Coro de Buño.

– 17:30 h.: Recepción oficial das Súas Maxestades de Oriente.

– 18:30 h.: Chocolatada popular e biscoitos.