Outro Kamikaze aparece a noite do domingo na autovía AG-55 a altura da Piolla

Na tarde deste domingo, arredor das 20:15 horas, produciuse un accidente de tráfico no quilómetro 50 da autovía AG-55, á altura da saída da Piolla, en Nantón (Cabana de Bergantiños), durante a operación retorno cara á Coruña. O sinistro ocorreu cando un vehículo circulaba en sentido contrario, provocando unha situación de gran perigo na vía.

Ata o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Bergantiños, a Garda Civil de Tráfico, o GES de Ponteceso e os servizos de mantemento da estrada. Unha vez no punto, os bombeiros tiveron que intervir para liberar a unha das persoas implicadas, que non podía saír polo seu propio pé, sendo finalmente evacuada por unha das portas laterais do coche.

As autoridades investigan agora as causas do accidente e o estado das persoas implicadas.