
A deputada socialista considera «imprescindible para ter unha atención de urxencia e de calidade» non ter que depender da que actualmente é a máis cercana, na Coruña
En Carballo, a 5 de marzo de 2026.
O PSdeG-PSOE reclama no Parlamento de Galicia unha ambulancia medicalizada para as comarcas da Costa da Morte, considerándoa «esencial e imprescindible para ter unha atención de urxencia e de calidade».
Como indica a parlamentaria socialista Patricia Iglesias, «25 anos, que se di pronto, é o que levan esperando os veciños e as veciñas da Costa da Morte e de Bergantiños por ter unha ambulancia medicalizada».
«Pensemos nun infarto ou un ictus, onde realmente un minuto é esencial e cuestión de vida o morte», indica a deputada, que lembra que «a ambulancia medicalizada máis cercana está na Coruña, a 30.000 minutos da capital de Bergantiños, de Carballo».
«É moito tempo, tamén do outro hospital, o comarcal de Cee», lamenta Iglesias. «Os núcleos de poboación da Costa da Morte están moi espallados, polo que é imprescindible e necesario que se dote dunha ambulancia medicalizada a esta comarca», engade.
Patricia Iglesias subliña que se trata dunha reivindicación histórica «tanto da veciñanza como tamén do Partido Socialista» en diferentes lexislaturas. «Volveremos insistir», recalca.
«Esixirémoslle á Xunta de Galicia, ao goberno galego e ao Sergas que doten dunha vez por todas a esta comarca dunha ambulancia medicalizada», conclúe a deputada socialista.