Perigo real nunha estrada de Malpica pola inacción do goberno do PP

Isto está a pasar na carretera da Tremoa, xunto ao cruce que vai para Brión, na parroquia de Leiloio.

Na beira da estrada hai uns eucaliptos que invaden claramente a zona de paso dos vehículos, poñendo en risco a seguridade vial cada día. Non estamos falando dunha molestia menor: xa houbo autobuses que, ao apartarse para cruzarse cun coche, acabaron golpeando cos espellos nas árbores.

E a pregunta é moi simple: que está esperando o goberno do PP de Malpica para actuar?

Porque isto non é novo, nin se advertiu unha soa vez. Levo varios plenos reclamando que se tomen medidas, que se requira ao propietario da finca ou que actúe directamente o Concello se é preciso, porque a situación é perigosa e pode acabar nun accidente grave.

A resposta do goberno municipal foi a de sempre: deixar pasar o tempo, mirar para outro lado e non facer nada.

Hai xa cinco meses dixéronme que “o mirarían” e que esa parcela mesmo podía ser do propio Concello de Malpica, aínda que despois puxeron en dúbida esa información.
Pois ben: se nin sequera saben de quen é a finca, a desorganización é grave; e se o saben e non actúan, a irresponsabilidade é aínda maior.

O problema aquí non é a titularidade da parcela.
O problema é que hai un risco evidente para os vehículos que pasan por esa curva, especialmente para autobuses e vehículos grandes, e o goberno municipal leva meses sen resolver algo que xa debería estar solucionado.

Non se pode esperar a que haxa un accidente serio para facer o que había que facer hai meses.

En Malpica xa estamos afeitos á política da deixadez, da improvisación e da falta de prevención por parte do PP, pero coa seguridade viaria non se xoga.

Que deixen as escusas e actúen dunha vez. Antes de que sexa tarde.