
A vítima estaba consciente e tiña dores e feridas nas costas. O rescate tivo que realizarse por vía aérea porque non había outra maneira de evacuar ao ferido de forma segura.
Os membros do GES Muros e os sanitarios lograron chegar ao paciente, pero a vía máis recomendable e efectiva para evacualo foi mediante recursos aéreos.
Desta forma, o helicóptero de Salvamento Marítimo, o Helimer con base en Coruña, despregouse para realizar o rescate e trasladalo ao Aeroporto de Alvedro e posteriormente ao Hospital da Coruña (CHUAC).
Foi o implicado, un home de fala inglesa, quen pasada as dúas da tarde de hoxe chamou ao 112 Galicia para pedir axuda, despois de sufrir unha caída desde dúas alturas por un precipicio no Monte Louro, en Muros.
Para prestar toda a asistencia aos feridos, o 112 Galicia solicitou a intervención dos profesionais do Servizo de Emerxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviou varios equipos, un a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago; e efectivos do GES de Muros.
Tamén solicitaron a colaboración do Corpo de Bombeiros de Cee e axentes da Garda Civil e da Policía Local. Finalmente, e debido ás condicións que requiría o rescate, os responsables do 112 contactaron con Salvamento Marítimo para lograr o rescate aéreo.
Nesta mesma aeronave, o ferido foi trasladado ao Aeroporto da Coruña, onde esperaba outra unidade do Servizo de Emerxencias Sanitarias de Galicia-061 para completar o traslado ao Hospital da Coruña. Con todo, o paciente atopábase consciente, aínda que con fortes dores de costas.