
Infórmase que, por mor dunha incidencia hixiénico-sanitaria na auga do vaso grande da piscina municipal da Rocheira, esta permanecerá pechada temporalmente.
Segundo o protocolo da Xunta de Galicia, é necesario realizar un proceso de recirculación e tratamento da auga para garantir as condicións óptimas de baño.
Agradecemos a súa comprensión e lamentamos as molestias que esta situación poida causar. Estamos a traballar para solucionar a incidencia o antes posible.