
Ponteceso avanza na creación dun novo aparcadoiro na avenida Anllóns.
As intervencións, que veñen de comezar, realízanse nunha parcela cedida por un particular.
O novo espazo será de zona azul co obxectivo de «favorecer a rotación de vehículos e compatibilizar o estacionameno dos residentes coa mobilidade dos visitantes», sinalou o alcalde, José Manuel Mato.
O estacionamento será gratuíto, precisando os condutores un disco de control horario ou outro sistema que permita identificar a hora de chegada do vehículo.


