Ponteceso pecha a súa Campaña de Comercio coa entrega dun lingote de ouro de 1.500 euros como premio final.

O alcalde, José Manuel Mato, felicitou á gañadora do galardón e anunciou que se levarán a cabo novas convocatorias ao longo do 2026 tras a excelente acollida da iniciativa.

📅 A campaña, que arrancou en decembro e rematou o 5 de xaneiro, contou cun 🤝 cento de establecementos adheridos e unha espectacular resposta da veciñanza.

🙏 O primeiro edil agradeceu a implicación dos comerciantes, pois sen o seu «esforzo e a súa dedicación non sería posible pór en marcha unha iniciativa destas características».