Ponteceso Renova a marquesiña en Cores

O Concello de Ponteceso continúa co seu plan de renovación de marquesiñas cunha nova actuación en Cores.

O goberno local referenda o seu compromiso de mellora das paradas de bus cunha actuación neste punto, empregado tanto para transporte discrecional como escolar.

O alcalde, José Manuel Mato, agradece a colaboración da Xunta de Galicia e a implicación da directora xeral de Mobilidade, Judit Fontenla, con quen mantivera unha reunión.

A previsión é que a esta lle sigan outras marquesiñas do municipio, segundo sinala o primeiro edil.