
O pleno de Ponteceso aproba por unanimidade unha moción para declarar o concello como zona afectada por unha emerxencia.
O Concello comezará os trámites para trasladar a petición ao Goberno central para conseguir axudas económicas a particulares por danos en vivenda, compensación á corporación local, subvencións a empresas, apoios por danos en infraestruturas e rede vial e axudas por danos a explotacións de diferentes tipos.
Outro dos puntos do pleno foi a moción de urxencia relacionada cos últimos lumes para conformar un grupo de traballo municipal para abordar os problemas medioambientais.