Premio a toda unha carreira o servicio do Pobo

Concello de Laxe quere felicitar con orgullo ao noso axente da Policía Local, Marcial Álvarez Pose, polo distintivo recibido da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes en recoñecemento aos seus 25 anos de servizo.

🙏 Desde aquí queremos agradecerlle a súa entrega, profesionalidade e compromiso coa veciñanza de Laxe durante todos estes anos. O seu labor contribúe cada día a facer do noso concello un lugar máis seguro e acolledor para todas e todos.