Presentación de Lío, a pantasma canta ca-ca en Coristanco

A Biblioteca Municipal de Coristanco encheuse de vida, risas e moita imaxinación nunha mañá inesquecible. A presentación e contacontos foi todo un éxito, cunha gran asistencia e unha participación marabillosa por parte dos nenos e nenas, que gozaron da historia e do ambiente tan divertido que se creou.

💙 Dende o Concello queren agradecer especialmente a Ana Castro Iglesias por regalarnos unha sesión tan próxima e dinámica , que conquistou tanto a pequenos como a maiores.