Presentación do Plan Director das Torres de Cillobre.

O martes da semana que vén ás 19:30 h na Casa da Cultura o Concello presentará en acto público o Plan Director dun dos espazos patrimoniais máis emblemáticos da Laracha.

Un documento chave para entender que é o recinto das antigas Torres de Cillobre e que pasos se van dar para recuperalo, poñelo en valor e devolvelo ao uso e desfrute da veciñanza.

A presentación correrá a cargo de Leo González, da empresa redactora Trivium Estratexias en Cultura e Turismo, e está pensada para todos os públicos.