Procédese ao levantamento do cadáver do home localizado sen vida no seu domicilio en Oleiros

En relación coa localización do corpo sen vida dun home de 77 anos na localidade de Perillo, termo municipal de Oleiros, infórmase de que dita persoa podería padecer síndrome de Diógenes, tendo en conta que non fora vista desde facía aproximadamente quince días e do interior do seu domicilio emanaba un forte cheiro.

Ante esta situación, a Policía Local deu aviso á Garda Civil, procedéndose de maneira conxunta ao acceso ao interior da vivenda, onde se confirmou a presenza do corpo sen vida.

O inmoble atopábase gravemente afectado por unha gran acumulación de lixo e entullos, o que dificultaba o acceso. Realizáronse labores de limpeza na medida do posible co fin de permitir a entrada do médico forense, aínda que ditas actuacións resultaron insuficientes para garantir un acceso seguro.

Consultada a autoridade xudicial competente, acordoouse a zona durante a xornada de onte e, no día de hoxe, está a procederse á limpeza do domicilio cos medios adecuados, co obxectivo de poder acceder ao corpo, preservando en todo momento o lugar onde se atopa.

✅️Unha vez procédase ao levantamento do cadáver, levará a cabo a limpeza correspondente do resto do inmoble.

ℹ️ A falta dos resultados da autopsia, todo apunta a que se trataría dunha morte por causas naturais. O levantamento produciuse ás 10:15 horas e traslado ao CHUAC