

O luns abrirá a nova zona ampliada, o que permitirá prestar novos servizos á cidadanía:
Depósito de materia vexetal (pequenos restos de poda, céspede e residuos similares de orixe doméstica).
Depósito de plásticos de silo por parte de persoas non profesionais do sector agrario.
Ademais, tamén o luns comezará a funcionar o punto limpo móbil, que estará de xeito itinerante nas 13 parroquias por períodos dunha semana, con chegada a cada un dos puntos sempre os luns pola tarde e retirada o luns seguinte a mediodía. A estrea será do 16 ao 23 deste mes en Torás (aparcamento fronte ao acceso ao IES Agra de Leborís).
Ambas iniciativas son froito da colaboración entre o Concello da Laracha e a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia nunha aposta clara por mellorar a eficiencia ambiental, reforzar os servizos públicos e avanzar cara un modelo de xestión de residuos máis sostible. O investimento total ascende a 332.000 euros, cofinanciados con fondos da Unión Europea-Next Generation.