
Axentes da Garda Civil, a Brigada Central de Estupefacientes e a Unidade Canina están levando a cabo este martes unha operación conxunta nunha vivenda situada na parroquia de Carnés, no municipio coruñés de Vimianzo.
A intervención, que se enmarca dentro dunha investigación por tráfico de drogas, esta a desenvolverse nestes momentos. Varias patrullas acordoaron a zona mentres os axentes accedían ao interior do inmoble, apoiados por cans adestrados na detección de substancias estupefacientes.
Polo momento non se informou sobre o número de detidos, aínda que a investigación continúa aberta e non se descartan novas actuacións nas próximas horas.
A Garda Civil mantén a operación baixo secreto mentres se analizan as probas recollidas no domicilio.